"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

viernes, 12 de febrero de 2016

Comentario de "Cando Hitler roubou o coello rosa""

Tes un momentiño? Quéroche recomendar un libro...."Cando Hitler roubou o coello rosa". Trata a época na que os xudeos foron perseguidos polos nazis  alemáns. Está baseada nun feito real: é o que lle sucedeu á autora, Judith Kerr, pero cambiando os personaxes. O libro está dividido en 24 capítulos, a lectura é moi amena aínda que a historia é bastante triste.
Anna é unha nena xudea que vive coa súa familia. Cando os nazis, con Hitler á cabeza, gañan as eleccións, vense obrigados a fuxir, primeiro a Suiza, logo a París e despois a Londres. O título do libro fai referencia ao xoguete preferido de Anna. Cando teñen que saír da súa casa, a nena ten que elixir un so xoguete e escolle o máis novo, un can de lá, en lugar do seu compañeiro de toda a vida, o coello rosa. Porén, xamais o esqueceu, e chega a soñar que Hitler, grazas ao seu coello, se converte nun home bondadoso.

AMAYA VIQUEIRA TODEA (1º de ESO D)

No hay comentarios: