"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

viernes, 5 de diciembre de 2014

DAVID SAFIER


O mércores pola tarde alguns membros deste club de lectura acudimos ao auditorio do Ágora ao encontro co escritor David Safier, autor de Maldito karma e Yo, mi, me...contigo, obras lidas por alguns grupos do club.
O encontro resultou moi interesante. O autor veu presentar a súa última novela titulada 28 días e que supón un cambio radical de xénero. Afeitos como estamos ás novelas de humor coas que tantos sorrisos nos ten sacado David Safier, esta trata un tema tan serio como o holocausto nazi, que el mesmo sufriu na súa propia familia, segundo nos contou ao longo da charla. A historia, que levaba na súa cabeza máis de vinte anos, está narrada por unha moza de 16 anos, Mira, que ten que facerse forte ante as calamidades que lle toca vivir no gueto de Varsovia.
"a novela leva ao lector ao límite das emocións. Malia ter detrás unha importante documentación, que o propio autor declarou ter sido longa e difícil, o que pretende é por enriba de todo facernos sentir.

Como temos por costume, levamos ao Ägora os libros que temos deste autor para que nolos asinase. E este foi o momento:

No hay comentarios: