"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

domingo, 23 de febrero de 2014

AMANDINE O LOS DOS JARDINES

Comezamos este mes coa lectura dun conto sobre o que significa perder a nenez e crecer. Trátase de Amandine o los dos jardines de Michel Tournier (Paris 1924), figura importante da literatura francesa do s. XX. O conto, definido como iniciático polo autor, está narrado por unha nena de dez anos que se adentra na adolescencia. O paso desta nena da nenez á pubertade está representado por dous xardíns. Un, o xardín da súa casa, o de papá e mamá, onde "hay siempre la misma temperatura, tanto en verano como en invierno, donde el césped es siempre verde y está bien cortado", representa a seguridade, a orde, pero "a veces resulta un poco molesto" e asistimos ao comezo da caída dese universo dos pais na mente da nena preadolescente. A busca do seu gatiño Kamicha levará a Amandine a saltar o muro e atopar o outro xardín, no que aparece un mundo descoñecido para ela pero ao mesmo tempo sedutor.
Desde la altura que le brinda la división de los terrenos, observa a un lado el jardín de sus padres, el impecable, simétrico, el conocido, y al otro, ese jardín del que nada sabe pero que la seduce y se le revela con esa deliciosa angustia con que la atrae lo indómito y lo animal: “Era todo lo contrario del jardín de papá (…)Pensé que nunca me atrevería a descender a aquella selva virgen donde pululaban con toda seguridad sapos y serpientes”. Este outro xardín representa a busca dun novo lugar por fora das identificacións da nenez que xa non aportan consistencia de ser, representa o mundo da pubertade.

No hay comentarios: